- EXPLICANDO O PROXECTO: na clase de Ética e na de Antropoloxía foi tomando forma o proxecto e implicando ao alumnado










===

=

- PINTANDO A BATA E O MURO: o alumnado da clase de Tecnoloxía de 4º D pintou a bata xigante no patio (coa imprescindible colaboración do profesor de plástica, Jose Luis Suárez), unha bata na entrada do IES e unha pintada no muro relativa ao evento. Podedes ver o proceso nestes vídeos. Grazas a todos e todas os que participaron.






PINTANDO A BATA from tecnocoia on Vimeo.



- PREPARACIÓN DA PANCARTA: na clase de Cidadanía coa profesora Modesta Riesco, ademáis dos traballos individuais dos relatos, fixeron unha pancarta que estivo exposta nas escaleiras de entrada ao IES.




PREPARACIÓN DAS BATAS: 2º ESO from tecnocoia on Vimeo.



- PREPARANDO O PROXECTO DESPOIS DE COMER: unha das maiores dificultades de calquera traballo en grupo para o profesorado e acadar o espazo e o tempo necesario para reunirse. Ao final non queda máis remedio que facelo fora de horario laboral, pero como compensación é unha oportunidade para coñecermos máis (e pasalo ben, claro :-)